Ford Motor Company

Ford Motor Company

Empresa estadounidense fundada en 1903 por Henry Ford en Dearborn (Michigan) para a construción de automóbiles. En 1919 produciu un millón de automóbiles. Durante a Segunda Guerra Mundial levou a cabo unha transformación das súas actividades a favor das necesidades militares aliadas. En 1985 era a segunda empresa americana do sector do automóbil. En 1920 construíu en Cádiz a Ford Motor Company, SAE, que en 1923 foi trasladada a Barcelona e en 1954 converteuse en Motor Ibérica SA. En 1976 foi constituída a compañía Ford España SA.