Forneiriña, laxe de
Forneiriña, laxe de
Gravado rupestre situado no lugar de Paredes, Santa María de Moimenta (Campolameiro), sobre unha rocha granítica de acusada inclinación. Na parte superior aparecen representadas unha serie de cazoletas dispersas xunto a varios cadrados e outros signos de difícil interpretación. Na parte inferior apréciase a figura dun cérvido de sexo indeterminado que ten entre as súas patas a figura de dous cérvidos máis pequenos, aos que parece acubillar. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 10 de marzo de 1975.