fosfatase

fosfatase

(< fosfato + -ase ‘enzima’)

s f [BIOQ]

Cada un dos enzimas que catalizan a hidrólise dos enlaces éster fosfóricos, coa liberación de fosfato inorgánico. Os enzimas fosfatase pertencen á clase das hidrolases. As fosfatases constitúen un gran grupo de enzimas; moitos deles interveñen en fases importantes da dixestión e do metabolismo intermediario. Divídense en dous grupos principais: as fosfomonoesterases, como as fosfatases alcalinas e ácidas, e as fosfodiesterases, como as desoxirribonucleases, segundo actúen, respectivamente, sobre monoésteres ou sobre diésteres do ácido fosfórico.

Palabras veciñas

fosfatación | fosfatado -da | fosfatar | fosfatase | fosfatasemia | fosfatemia | fosfático -ca