mirto
mirto
(< lat myrtu < gr μύρτοV)
s
m
[PLANTA]
Arbusto de ata 5 m de altura que presenta follas opostas, coriáceas, ovais ou lanceoladas cun curto pecíolo e de cor verde escura, flores pequenas, solitarias, axilares, de cor branca, moi olorosas e con estames amarelos, e froito en baga de cor negra azulada con moitas sementes. É unha planta moi olorosa e aromática, florece en primavera nas ladeiras, e forma parte de bosques de piñeiros ou de matogueiras. En Galicia rexistrouse como asilvestrada en diversas localidades como Gondomar (Pontevedra) ou as Illas Cíes.