misal

misal

(< lat tardío missāle)

  1. s m [RELIX]

    Libro litúrxico usado polo sacerdote na celebración da misa. É o resultado da fusión, nun só volume, do leccionario e do antifonario da misa, do sacramentario e doutros elementos. O Missale Romanum tridentino (1570) foi totalmente renovado tras o Concilio Vaticano II (1970).

  2. s m [RELIX]

    Libro para uso dos fieis que contén os textos para a celebración da misa ao longo do ano litúrxico, en latín e en versión vernácula, antigamente, ou só en lingua vernácula.