mísero -ra
mísero -ra
(< lat miseru)
-
adx
Que é digno de compaixón pola súa desgraza ou por atoparse nunha situación desfavorable.
Ex: A todos lles daba moita mágoa aquela mísera rapaza.
Sinónimos: miserable. -
adx
Que vive na extrema pobreza.
Ex: Vivía nunhas míseras condicións e estaba moi desmellorado.
Sinónimos: miserable. -
adx
Que é mesquiño ou avarento.
Ex: Seu pai era un mísero que nunca lle axudou en nada.
Sinónimos: miserable. -
adx
Que ten un valor insignificante.
Ex: Pagou unha mísera cantidade de todo o que debía.
Sinónimos: miserable.