Mišná

Mišná

Conxunto de tradicións xurídicas do xudaísmo destinadas a interpretar e complementar a Tora. A compilación das súas diversas prescricións iniciouna no s I ‘Aquibá ben Yosef e converteuse nun código definitivo no s III con Yehudá ha-Nasí (135-219). Está estruturada en seis partes ou grupos de leis, referentes ás festividades, ao matrimonio, ao dereito civil e penal, ao culto no templo e á purificación legal. Xunto aos comentarios das escolas rabínicas de Palestina e Babilonia (Guemará), forma parte do Talmud.

Palabras veciñas

miskito | Miskolc | Mislata | Mišná | miso! | miso- | misogamia