Miss Ledya
Miss Ledya
[IMAX]
Mediametraxe filmada en 1916 polo fotógrafo José Gil, que constitúe a primeira película galega de ficción que se conserva. Foi obxecto de dúas reconstrucións, nas décadas de 1980 e 1990. Con guión de Rafael López de Haro, destaca polas paisaxes pontevedresas e a interpretación dun grupo de actores afeccionados de Pontevedra, entre os que figura Castelao nun breve papel secundario.