misterio

misterio

(< lat mysterĭu

  1. s m
    1. Cousa escura, oculta ou díficil de coñecer.

      Ex: A desaparición do cadro foi todo un misterio para os investigadores.

    2. Circunstancia de facer unha cousa dun xeito secreto, co coñecemento de moi poucos, especialmente facendo ostentación desta reserva.

      Ex: Non nos quere dicir o que fai e anda con moito misterio.

    3. [RELIX]

      Rito secreto, nas relixións antigas, orientais e gregas, reservado aos iniciados. Os principais misterios, que consistían xeralmente na reprodución de episodios da vida do deus, eran os misterios de Eleusis; os dos Cabiros, celebrados en Samotracia; os de Mitra, orixinarios de Persia; e sobre todo os órficos. Algúns deles, como os de Cibeles e os dionisíacos, tiñan carácter orxiástico.

  2. [RELIX]
    1. s m

      Designio de Deus de realizar a salvación dos homes por medio de Xesús Cristo, designio oculto durante todos os séculos pero agora revelado aos crentes. Concepto que se expuxo nos escritos paulinos, a tradición patrística, en xeral, presentou o misterio como a mesma realidade divina, persoal, que é comunicada por graza ao home crente e transforma radicalmente o seu ser creado. En relación coa razón humana, o misterio pode ser coñecido, aínda que non comprendido de todo. Neste senso a razón non se ten que entender como a capacidade de eliminar o misterio, senón como a capacidade de asumir o misterio. As proposicións de fe consideradas como misterios estritos son a Trindade, a encarnación de Deus e a autocomunicación de Deus ao meniño.

    2. s m

      Cada un dos pasos da vida, paixón e morte de Xesús Cristo, que son obxecto de diversas festas do culto litúrxico e que constitúen as partes en que se divide o rosario.

    3. s m

      Representación, na imaxinaría, destes mesmos pasos.

    4. misterio pascual

      misterio pascual.

  3. s m [ESPECT]

    Representación dramática de orixe medieval e de tema relixioso, onde se puñan en escena pasaxes da vida de Cristo, da Virxe ou dalgún santo. As primeiras mostras deste xénero poden ser datadas no comezo do s X, no norte de Occitania, e ata o s XII foron cantadas en latín. As representacións saíron progresivamente do interior das igrexas ás prazas e os cregos deixaron de ser os únicos actores. Esta evolución continuada fixo que, no s XIV, os misterios foran auténticos espectáculos teatrais.

  4. teoloxía dos misterios [RELIX]

    Teoloxía elaborada por Odo Casel na abadía de María Laach, baseada na antiga concepción litúrxica e patrística, segundo a que o misterio non se reduce ao seu aspecto intelectualista, senón que é unha presenza actual da acción salvífica de Cristo participada polos fieis na celebración litúrxica.