mitose

mitose

(< grμίτοV + -ose)

  1. s f [BIOL/XEN]

    Proceso de división das células somáticas dos eucariotas que consiste, fundamentalmente, nunha división lonxitudinal dos cromosomas e nunha división do citoplasma que ten como resultado dúas células fillas idénticas á nai e entre si. Distínguense catro fases: a profase, a metafase, a anafase e a telofase. Na profase desaparece a membrana nuclear, o material xenético enrólase formando os cromosomas e faise visible o fuso acromático. Cara á fin da profase desaparece o núcleo. Durante a metafase os cromosomas esténdense á parte ecuatorial da célula. Na anafase divídense os centrómeros, e as cromátidas desaparecen e son arrastradas cara aos polos opostos da célula polas fibras do fuso. Na telofase unha membrana nuclear envolve cada un dos agrupamentos de cromosomas, reconstitúese o núcleo orixinal e divídese fisicamente a célula pola metade dando lugar a dúas células fillas, que entran nunha fase de metabolismo activo (interfase), dentro da que se dá a duplicación do ADN. A función da mitose é asegurar o repartimento ordenado dos cromosomas nas células fillas, que teñen que ter igual dotación ca a nai, posto que serán responsables destas células e dos seus descendentes. A división do núcleo non sempre vai acompañada da división citoplasmática; cando non é así, fórmase unha célula voluminosa con numerosos núcleos (policarióticos da medula) ou ben unha especie de citoplasma con núcleos.

  2. mitose reducional [BIOL/XEN]

    meiose.

Palabras veciñas

mitomanía | mitómano -na | mitón | mitose | mitóspora | mitótico -ca | mitra