Mitra
Mitra
[MIT]
Divindade iraniana que apareceu por primeira vez nun texto cuneiforme do s XIV a C. No mazdeísmo deixou de ser un deus e pasou ser un dos yazata. Posteriormente, en Persia, Mitra converteuse nunha divindade solar, a miúdo representada no momento de sacrificar ao touro cósmico, que morría dando orixe á vida. Do seu culto coñécense os sete graos polos que pasaba o iniciado: Corax, Nymphus, Miles, Leo, Perses, Heliodromus e Pater.