mixedema

mixedema

(< mix- + edema)

  1. s m [PAT]

    Estado trofoneurótico que supón a expresión clínica da insuficiencia tiroidal. Caracterízase por unha infiltración do tecido subcutáneo e por unha substancia xelatinosa que produce un edema duro que é máis evidente na cara, o pescozo, a fosa supraclavicular e a porción distal das extremidades.

    Sinónimos: paquidermia.
  2. mixedema infantil [PAT]

    Anormalidade física e intelectual do neno que se produce pola disfunción da glándula tiroide. Existen dous tipos: a conxénita que xa se manifesta no primeiro mes de vida e que se debe a unha ausencia, posiblemente total, do corpo tiroide; e a adquirida, que é consecuencia de lesións infecciosas tiroidais e que presenta unha intelixencia máis esperta, mellor desenvolvemento físico, idiotez menos acentuada e talle máis alto. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

mixamebocigoto | mixe* | mixe-zoque* | mixedema | mixedematoso -sa | mixina | mixiniforme