mixteco -ca

mixteco -ca
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo mixteco ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo mixteco.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo indíxena de Mesoamérica que se formou cara ao s VIII nos terreos altos dos vales de Oaxaca. No s X iniciaron a ocupación dos vales que antes habitaban os zapotecas e conquistaron as cidades de Monte Albán e Yagul. Durante o s XVI conquistaron a cidade de Mitla, que se converteu na súa capital. Destacaron polas súas grandes construcións, as cerámicas policromadas de pasta moi fina e as súas decoracións. Crearon unha escritura pictográfica coa que escribiron libros como o Códice Borja e o Códice Nuttall, en que se reflectiron os seus modos de vida, costumes, cerimonias e loitas. Aínda que foron sometidos polos aztecas, conservaron a súa independencia creativa e influíron na obra dos seus invasores.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum amerindio da familia otomangueana que fala o pobo mixteco.

Palabras veciñas

mixosporidio -dia | mixovirus | mixozoo -a | mixteco -ca | mixti fori* | mixtilíneo -a | mixtión