MNS, sistema
MNS, sistema
[BIOL]
Sistema de antíxenos dos eritrocitos humanos controlados por dous alelos codominantes M e N, presentes equitativamente nas poboacións humanas, e os alelos S e s, repartidos de maneira diversa. O S está presente no 20% dos habitantes de Nova Guinea, se ben está practicamente ausente nos aborixes australianos, e o s é común nos europeos. As reaccións inmunolóxicas empréganse na práctica médica para as atribucións de paternidade e en estudos de xenética de poboacións e de recombinación.