moble
moble
(< lat mobĭle)
-
adx
Aplícase a calquera ben que se pode transportar.
Ex: O coche é un ben moble.
Sinónimos: móbel. -
s
m
Cada un dos obxectos móbiles que constitúen o equipo estable dos interiores dos edificios e que se complementan en utilidade. Na súa construción utilízase os materiais máis heteroxéneos, aínda que o máis común é a madeira. Esencialmente utilitario, o moble adoptou a través do tempo as formas máis diversas e seguiu sempre moi de preto os diferentes estilos arquitectónicos e decorativos.
Sinónimos: móbel. -
s
m
[HERÁLD]
Figura natural ou imaxinaria que se inclúe dentro do escudo. Caracterízase porque se pode colocar en calquera parte do emblema, ten un deseño estilizado e debe encher o campo do escudo.
Sinónimos: móbel.