mochica*

mochica*
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo mochica.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo mochica.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Cultura precolombiana do N da área andina (300 a C-500), que se estendía polos vales costeiros de Moche, Pacasmayo, Chicama, Virú, Santa, Casma e Nepeña. A maioría dos datos que se teñen desta cultura proveñen da cerámica, que foi atopada en grandes cantidades no interior das tumbas, a carón dos cadáveres. Son vasos feitos con molde, de pasta e paredes moi finas, cunha gran variedade de formas, que inclúen desde os vasos retrato ata complicadas escenas da vida cotiá. Tamén se conservan restos de templos pirámide, feitos de ladrillos e de grandes proporcións, como as pirámides do sol e da lúa no val de Moche. Así mesmo, consérvanse algunhas obras de enxeñaría, como canles e acuedutos para o regadío e socalcos para o cultivo. Os mochica coñecían a metalurxia do bronce, do ouro e da prata.

Palabras veciñas

Mocejón | mocheta | Mochi, Francesco | mochica* | mochila | Mochis, Los | Mochnacki, Maurycy