modelo

modelo

(< ital modello)

  1. s m
    1. Persoa ou cousa que se imita ou reproduce.

      Ex: Deixoulle dúas cartas para que as empregase como modelo.

    2. Persoa ou cousa digna de ser imitada pola súa perfección ou que posúe en grao eminente calidades que a fan representante dunha categoría determinada.

      Ex: O seu irmán é un modelo de cortesía.

    1. s m

      Cousa que se toma como obxecto de imitación co fin de reproducila.

    2. s m

      Representación en cera, arxila ou algún outro material maleable dun obxecto destinado a ser reproducido en pedra, mármore, bronce ou madeira.

    3. s [ARTE]

      Persoa que posa diante dun artista, en actitude que este quere reproducir en pintura, escultura ou debuxo. OBS: Tamén se denomina modelo vivo.

    4. s m

      Tipo dunha cousa destinada á súa produción en serie.

    1. s m [FILOS]

      Representación simplificada da realidade. Pode ser icónico, analóxico ou simbólico. Un modelo icónico representa a realidade reducida a escala, nun modelo analóxico un conxunto de propiedades representa, por analoxía, outro conxunto de propiedades, e un modelo é simbólico cando se utilizan elementos abstractos.

    2. s m [ARQUIT]

      Maqueta feita a escala dun edificio, dun monumento ou dun detalle arquitectónico.

    3. s m [ECON]

      Modelo empregado na ciencia económica. Os modelos económicos, que ordinariamente son simbólico-matemáticos, teñen como elementos fundamentais as variables, as constantes e as relacións. As variables e as constantes corresponden aos elementos medibles (variables ou invariables, respectivamente); os primeiros, por un lado, chámanse endóxenos xa que o seu valor está determinado polo modelo, os esóxenos son o caso contrario, é dicir, o seu valor está dado. Con respecto ás relacións, especifican o tipo de conexión existente entre os elementos indicados. Hai catro dobres tipos de modelos económicos. O primeiro é o dos modelos microeconómicos e macroeconómicos. Os microeconómicos inclúen a especificación do comportamento dos axentes económicos (empresas), mentres que os macroeconómicos inclúen só certos agregados económicos (renda ou inversión total). O segundo tipo é o dos modelos analíticos e normativos, estes últimos son os destinados a determinar o valor das súas variables endóxenas dunha maneira coherente e con algún obxectivo, e xeralmente toman a forma de modelos de optimización; en canto aos analíticos, a súa finalidade é simplemente a de describir ou explicar. O terceiro tipo é o dos modelos estáticos e dinámicos, segundo o tempo desempeñe ou non un papel. O último tipo é o dos modelos deterministas e estocásticos. Nos deterministas a conexión entre as variables está expresada por relacións funcionais exactas e nos modelos estocásticos hai, polo contrario, unha ou máis variables que teñen probabilidades de tomar diferentes valores numéricos.

    4. s m [FÍS]

      Representación abstracta, por analoxía, dun fenómeno físico complicado ou pouco coñecido de xeito que, ao comparalo cun modelo, máis simple e coñecido, permite darlle unha explicación matemática.

    5. s m [MAT]

      Teoría ou descrición matemática dun obxecto ou fenómeno real. O estudo dun mesmo fenómeno real segundo diferentes criterios permite estudar este fenómeno mediante diferentes modelos matemáticos. Creado un ou diversos modelos dun fenómeno, cómpre recorrer ao problema da verificación ou da adecuación entre o modelo e a realidade observada.

    6. s m [TECNOL]

      Representación de madeira, cera ou metal que ten a mesma forma ca a peza que se quere obter mediante a coadura dun metal fundido dentro do molde e que é utilizada para construílo. As dimensións do modelo son establecidas tendo en conta a contracción que fará o metal fundido ao solidificarse.

    7. modelo de calibre [TECNOL]

      Tipo de modelo que serve para moldear pezas prismáticas ou de revolución.

    8. teoría de modelos [TECNOL]

      Teoría e técnica de reprodución no laboratorio, do comportamento dun sistema físico (dun barco no mar ou do movemento do aire ao volante dunha aeronave) que se empregan no estudo e no deseño de sistemas que presentan grandes dificultades na súa experimentación a escala real. Para que o modelo de laboratorio teña un comportamento idéntico ao do modelo a escala real, é necesario que o primeiro posúa unha semellanza xeométrica e dinámica respecto ao segundo. No estudo de modelo de laboratorio utilízanse unha serie de relacións entre diferentes magnitudes físicas que permiten establecer un paralelismo co modelo real. As máis empregadas son o número de Reynolds para o movemento de fluídos viscosos, o número de Froude para o estudo de fluídos con superficie libre, o número de Mach para os problemas de compresibilidade, o número de Prandtl para fluídos que se moven en condutos pechados, e o número de cavitación para correntes líquidas somerxidas e a alta presión.

  2. s m
    1. Peza de roupa da alta costura.

    2. Calquera peza de vestir.

  3. s

    Persoa que se exhibe vestida coas pezas que os modistos queren dar a coñecer.

  4. s m [LING]

    Estrutura lingüística establecida a partir dun conxunto de elementos relacionados entre eles por unha serie de fenómenos. Os modelos analíticos están construídos a partir dunha serie de frases rexistradas e, polo tanto, parten dos feitos da fala para chegar ao sistema da lingua. Nos modelos sintéticos ou xenerativos obtéñense mediante unhas operacións determinadas, é dicir, que parten do sistema da lingua para chegar aos feitos da fala.

Formas incorrectas

plantilla

Palabras veciñas

modelista | modelización | modelizar | modelo | módem | Modena | Modena