modulación
(< lat modulatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de modular.
-
s
f
Uso de formas que só aparecen nunha sucesión gramatical de morfemas.
-
s
f
[MÚS]
Paso dunha modalidade ou dunha tonalidade a outra. A modulación pódese efectuar dunha tonalidades aos seus tons veciños ou a outros máis afastados.
-
s
f
[COMUN]
Proceso mediante o que se modifica algunha das características dunha onda, denominada portadora, co fin de mellorar a transmisión, desde un emisor a un receptor, da información contida na outra onda, denominada moduladora. A onda modificada é a modulada. A onda portadora, de frecuencia moito máis elevada ca da onda moduladora, é polo xeral sinusoidal, cunha amplitude, unha frecuencia e unha fase determinadas. Segundo a característica modificada, fálase de modulación de amplitude (AM) ou ben de modulación angular, que pode ser de frecuencia (modulación de frecuencia, FM) ou de fase (modulación de fase, PhM). A modulación produce unha onda complexa que se pode descompoñer en diversos compoñentes de frecuencias diferentes. Na onda oduladora aparecen, ademais da da portadora, unhas frecuencias simétricas respecto á portadora, denominadas frecuencias laterais. Se o sinal modulador ocupa unha certa banda, entón aparecen dúas bandas laterais simétricas (superior e inferior). Algunhas veces, a transmisión faise con banda lateral única (BLU o SSB). A modulación de amplitude utilízase en radiodifusión (ondas longas, medias e curtas), en telefonía e telegrafía (principalmente a BLU), e en televisión (para a imaxe). A modulación de frecuencia utilízase, pola súa fidelidade, en radiodifusión e televisión (especialmente para o son) e en diversas telecomunicacións. Ás veces utilízase a modulación sen portadora. A modulación de fase úsase ocasionalmente en certas comunicacións. A modulación dixital emprégase para transmitir informacións dixitais (transmisión dixital). Subdivídese en dous tipos principais, a denominada PCM (modulación de impulsos codificados ou modulación delta) e a modulación dixital propiamente dita, que consiste na asignación a cada bit dun número enteiro de semiperíodos dunha sinusoide.