Mofa e Befa

Mofa e Befa
[ESPECT]

Compañía de teatro creada en 1993 por Víctor L. Mosqueira, Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Piti Sanz. Presenta unha visión irónica e aceda da realidade cotiá de Galicia e as súas obras destacan pola súa deriva humorística, asentada nun notable traballo interpretativo. Presentou os espectáculos Para ser exactos (1993), Finis Mundi Circus (1998), Manifesto para un teatro perralleiro (1998) e Cultura para dar e tomar (1998), e a curtametraxe Mofa e Befa en Gran Liquidación (1995, Premio AGAPI 1996).

Palabras veciñas

Moero | Moers | mofa | Mofa e Befa | mofador -ra | mofar | mofento -ta