Moiras

Moiras
[MIT]

Divindades do destino na mitoloxía grega. Fillas de Zeus e Temis, aparecen en Hesíodo formando unha tríade -Átropos, Cloto e Láquesis- que preside os momentos culminantes da vida humana (nacemento, matrimonio e morte) e regula a súa duración coa axuda dun fío que a primeira fía, a segunda enrola e a terceira corta cando a correspondente existencia chega ao seu termo. Veneradas por todas partes -e coñecidas en Roma co nome de Parcas- foron repetidamente representadas na arte antiga.