moldura

moldura

(< molde)

  1. s f [ARQUIT/CONSTR]

    Elemento de perfil uniforme, curvilíneo ou recto, que pode levar decoración e que serve para ornamentar ou reforzar obras de arquitectura, carpintaría ou outras.

  2. s f [CONSTR]

    astrágalo.

  3. moldura de zócolo [ARQUIT/CONSTR]

    Listón amplo que se coloca nunha parede para evitar as marcas dos respaldos das cadeiras.

  4. moldura gótica [ARQUIT/CONSTR]

    Moldura que presenta o perfil da quilla dun barco.

  5. moldura profunda [ARQUIT/CONSTR]

    Moldura que enlaza con outra de maior profundidade.

  6. moldura resaltada [ARQUIT/CONSTR]

    Moldura que enlaza dúas superficies planas nun nivel diferente.