Mollier, diagrama de
Mollier, diagrama de
[FÍS]
Diagrama que ten por obxecto poñer de manifesto as propiedades enerxéticas do vapor de auga (ou doutro fluído) e, concretamente, amosar a relación xeral entre a presión, a temperatura, a entalpía e a entropía deste vapor. Consiste nun sistema de coordenadas cartesianas, coa entropía no eixe de abscisas e a entalpía no de ordenadas, sobre o que se representan as isóbaras e isotermas. O diagrama está dividido en dúas zonas por unha curva de saturación: a zona de vapor saturado, que está situada na parte inferior da curva, e a de vapor sobrequentado, situada na parte superior. O diagrama de Mollier ten considerables aplicacións industriais. OBS: Tamén se denomina diagrama entálpico.