Monasticón

Monasticón
[PUBLIC]

Revista editada en Samos a partir de xaneiro de 1934. Cesou en xullo-decembro de 1936. Saíu trimestralmente co subtítulo “Revista beneditina” e estivo dirixida polo Padre Genadio Sanmiguel e, desde o nº4, polo Padre Maximino Arias. De tendencia conservadora, incluíu artigos sobre a historia da orde de San Bieito, vida misioneira e artigos sobre mosteiros, sen apenas referencias a Galicia. Rexeitou o ensino laico e apoiou o levantamento de Franco.