Monde, Le
Monde, Le
[PUBLIC]
Xornal publicado en París a partir de decembro de 1944. Editado pola Société Editric e du Monde (SAS), é a publicación de referencia do xornalismo francófono. Dirixido por Hubert Beuve-Méry (1944-1969), Jaques Fauvet (1969-1982), André Laurens, André Fontaine, Jaques Lesorune e, desde 1994, por Jean-Marie Colombani, distribúese en 120 países. Cunha tiraxe de 400.000 exemplares, acada diariamente unha media de dous millóns de lectores.