Mondragón Corporación Corporativa

Mondragón Corporación Corporativa
Nome científico: [MCC]

Grupo empresarial vasco integrado por 218 empresas e entidades, das que a maior parte son cooperativas. Estrutúrase en grupos sectoriais: o financeiro, no que destaca Caja Laboral; o industrial, formado por primeiras marcas como Fagor e Maier; o de distribución, no que a cooperativa Eroski constitúe o primeiro grupo español alimentario; e as áreas de investigación e formación, que conta coa Mondragón Unibertsitatea integrada por Mondragón Eskola Politeknikoa, Eteo e Irakasle Eskola.