Monegros, Los

Monegros, Los

Espazo natural do L de Aragón, situado no centro da depresión do Ebro, que se estende entre os ríos Gállego, Alcanadre, Cinca e Ebro. Está constituído por unha vasta chaira (2.764 km2) moi árida, formada por solos de arxilas, e accidentada no centro pola serra de Alcubierre. A sequidade (250 a 300 mm de precipitacións anuais) é unha das súas principais características e, como consecuencia da aridez, dá lugar a unha vexetación de matos, de romeu e tomiño, e de ermos, con herbas anuais que permiten a aparición dun elevado número de invertebrados (4.000 especies). É frecuente o endorreísmo. A agricultura baséase no monocultivo de cereais e a gandaría lanar.

Palabras veciñas

Moneda, altos da | monegasco -ca | Monegro, Juan Bautista | Monegros, Los | Moneixas | monel | monema