Mono Azul, El

Mono Azul, El
[PUBLIC]

Revista publicada en Madrid a partir do 27 de agosto de 1936. Cesou en febreiro de 1939. Subtitulouse “Hoja semanal de la Alianza de Intelectuales Antifascistas para la defensa de la cultura” e tivo unha periodicidade semanal, aínda que dous números foron mensuais. Apareceron como responsables da publicación María Teresa León, José Bergamín, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Antonio Luna, Arturo Souto e Vicente Salas ata outubro de 1936, en que desapareceu toda referencia. Tratouse da revista literaria republicana de vida máis longa.

Palabras veciñas

moño | 1 mono -na | 2 mono -na | Mono Azul, El | Mono da Tinta, O | mono- | monoacetina