monogamia
monogamia
(< lat monogamĭa < grμονογαμία)
-
s
f
[SOCIOL]
Unión ou matrimonio dunha persoa con outra. Foi considerada polos teóricos do evolucionismo como o último estadio da unión dos individuos dentro da sociedade humana no seu camiño cara a civilización, aínda que non hai ningún feito que confirme esta teoría. A regulación das unións nunha sociedade determinada vén dada por feitos biolóxicos, económicos ou relixiosos, e practicamente non existe ningunha sociedade humana en que non se dean ao mesmo tempo os dous tipos de unión.
Antónimos: poligamia. -
s
f
[ZOOL]
Aparellamento dun animal cun único individuo do sexo oposto.
Antónimos: poligamia. -
s
f
[BOT]
Fecundación exclusiva da oosfera.
Antónimos: poligamia.