monograma

monograma

(< mono- + -grama)

s m [HIST]

Debuxo formado por dúas ou máis letras enlazadas que representan un nome ou unha parte dun nome. O seu uso remóntase a épocas moi antigas e en Roma apareceron con moita frecuencia en inscricións sepulcrais. No cristianismo divulgouse o monograma do crismón, que representaba a Xesús Cristo. Na Idade Media utilizáronse os selos persoais que substituían a sinatura autógrafa nos documentos soberanos.