monólogo

monólogo

(< gr μονολὀγοV)

  1. s m

    Discurso dunha persoa consigo mesma.

    Sinónimos: soliloquio.
  2. s m [ESPECT]
    1. Parte dunha obra dramática en que un personaxe fala só. Xeralmente, funciona dun xeito semellante ao monólogo interior da novela: o personaxe fai un discurso para el mesmo e así informa ao espectador das súas intencións e dos seus sentimentos. Son especialmente coñecidos os de Hamlet, de Shakespeare e o de Segismundo en La vida es sueño, de Calderón de la Barca.

      Sinónimos: soliloquio.
    2. Obra dramática en que intervén un só actor que interpreta un personaxe. Foi no s XIX cando o monólogo se estableceu como xénero independente vinculado basicamente ao teatro de variedades.

      Sinónimos: soliloquio.
  3. monólogo interior [LIT]

    Técnica que permite representar na expresión escrita o contido mental e os procesos psíquicos dun personaxe determinado, tentando imitar a maneira en que se producen na mente antes da súa formulación consciente e da súa expresión configurada gramaticalmente por medio da palabra. Trátase de suxerir o dominio absoluto do subconsciente, previo á organización lóxica dos pensamentos. O recurso máis habitual é o emprego de frases directas reducidas a unha sintaxe mínima e pouco estruturada, evitando os signos de puntuación, que ten como obxectivo reflectir de xeito caótico e desordenado o xeito en que se presentan os pensamentos na conciencia e dar unha sensación de inmediatez ao discurso. Iniciouse de xeito concreto coa obra Les lauriers sont coupés (1888) de Édouard Dujardin, e coa renovación da novela que se produciu a principios dO século XX , con autores como James Joyce, William Faulkner (dos que destacan os monólogos interiores de Molly Bloom en Ulysses, e os tres capítulos iniciais de The Sound and the Fury, respectivamente) e Virginia Wolf. Na literatura galega cómpre salientar o exemplo de Cambio en tres (1969), de Carlos Casares. OBS: Tamén se denomina corrente de conciencia.

Palabras veciñas

monolítico -ca | monólito | monologar | monólogo | monomando | monomanía | monomaníaco -ca