monosacárido

monosacárido

(< mono- + sacárido)

s m [BIOQ]

Azucre simple constituído por un polihidroxialdehido (caso no que recibe o nome de aldosa) ou unha polihidroxicetona (cetosa) e que se obtén por hidrólise dos polisacáridos. A súa fórmula xeral é (CH2O)n onde n 7 3. Clasifícanse segundo o número de carbonos; así, os máis simples son as triosas (n = 3). Os máis abundantes son as hexosas (n = 6). As aldopentosas (n = 5) son compoñentes dos ácidos nucleicos. Todos os monosacáridos simples son sólidos brancos, cristalinos, moi solubles en auga e insolubles en disolventes non polares. Todos (excepto a dihidroxiacetona) posúen algún carbono asimétrico, e teñen, polo tanto, actividade óptica. A maior parte pertence á serie de configuración absoluta D.