monótono -na

monótono -na

(< lat monotŏnu < gr μονὁτονοV)

  1. adx
    1. Que ten sempre o mesmo ton pouco variado.

      Ex: A súa conversa é moi monótona.

    2. Que cansa pola súa uniformidade e pola repetición das mesmas cousas.

      Ex: As clases dese profesor cansan moito porque ten unha voz moi monótona.

  2. adx [MAT]
    1. Relativo á aplicación entre dous conxuntos ordenados que crecen ou decrecen. A estrita monotonía refírese ao caso de estrito crecemento ou decrecemento.

    2. Aplícase a unha sucesión de números ou de funcións que crecen ou decrecen.

Palabras veciñas

monotongar | monotongo | monotonía | monótono -na | monotrema | monótrico -ca | monotrisio -sia