Montaña Branca
Montaña Branca
Monte preto de Praga onde o 8 de novembro de 1620 as tropas nacionais checas foron vencidas polas imperiais. Os checos nomearan a Federico V do Palatinado rei de Bohemia e procuraran a axuda da nobreza húngara, que o Emperador Fernando II encontrou na Liga Católica, en Saxonia, e en Maximiliano I de Baviera. Para o Reino de Bohemia esta desfeita significou o recoñecemento forzoso da soberanía austríaca.