Montecelo, pazo de

Montecelo, pazo de

Construción situada en San Pantaleón das Viñas (Paderne). Amosa unha gran sinxeleza e severidade nas formas e na decoración; o escudo da fachada representa o único motivo ornamental do conxunto. Sobre un dos laterais da fachada érguese un torreón e ten un patio interior cunha escalinata de pedra e un balcón sostido por piares e ménsulas de pedra.