Montepío de Pescadores
Montepío de Pescadores
Organismo creado en Galicia en 1775, a iniciativa de Xosé Andrés Cornide Saavedra, co fin de evitar o fracaso do sector pesqueiro galego. Encargouse de posibilitar axudas e promocionar os pescadores galegos para que estes puidesen desligarse dos pescadores, armadores e comerciantes cataláns, establecidos desde 1750. Funcionaba como unha entidade de crédito rudimentaria que anticipaba préstamos aos pescadores, baixo a condición obrigatoria de que estes participasen na pesca e salgadura da pescada e o abadexo, segundo o método practicado en Terranova. O seu fracaso, debense posiblemente ao apego dos galegos a empregar as prácticas tradicionais e ao seu descoñecemento dese novo tipo de pesca e salgadura.