Monterrei, condado de

Monterrei, condado de

Título nobiliario concedido polos Reis Católicos a Sancho Sánchez de Ulloa y de Monterroso en 1474, quen construíu a torre de Don Sancho no castelo de Monterrei. A II condesa de Monterrei foi Francisca de Zúñiga Ulloa, que llo deixou en herdanza ao seu fillo Alonso de Acevedo, III conde de Monterrei. Destacaron o IV conde, Xerome de Acevedo, nomeado embaixador de Filipe II no Concilio de Trento (1561) e o V conde, Gaspar de Acevedo, que apoiou a Filipe II na invasión de Portugal e participou na defensa da Coruña contra Francis Drake, ademais de ser vicerrei de Nueva España (1595-1603) e de Perú (1603-1606). A partir da VIII condesa de Monterrei, Catarina de Haro Guzmán, o condado converteuse nunha rama do ducado de Alba, ao casar a condesa cun dos membros da mesma, Francisco Álvarez de Toledo. O título osténtao María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva.