Montmartre
Montmartre
Outeiro situado no norte de París, que deu nome ao distrito XVIII. Segundo a lenda, alí foron martirizados san Denís de París e os seus compañeiros; por iso se construíu alí un mosteiro, do que se conserva a igrexa de Saint-Pierre (s XII). Anexionado por París en 1860, as características do terreo fixeron que tivera unha importante función militar durante as Guerras de Relixión (1562-1568) e durante a insurrección que deu orixe á Comuna de París (1871). Desde finais do s XIX converteuse no centro da vida bohemia, e en centro de inspiración para nomeados artistas como , van Gogh, Picasso, Rusiñol ou Gargallo. Avanzado o s XX, perdeu este carácter e converteuse en centro turístico. Destaca a basílica do Sacré-Coeur, construída en 1875.