montmorillonita

montmorillonita
s f [MINERAL]

Silicato hidratado de aluminio, de fórmula Al2Si4O10(OH)·nH2O. Cristaliza no sistema monoclínico e está presente en masas terrosas. É de cor gris, gris verdosa ou branca, e ten o brillo graxo. Ten unha dureza 2-2,25 e unha densidade 2-2,27. É o compoñente principal da bentonita.