Montreux, Convención de
Montreux, Convención de
Convención celebrada na cidade suíza de Montreux o 20 de xullo de 1936. Definiuse o réxime xurídico internacional aplicable nos estreitos do Bósforo e Dardanelos. Establecía a liberdade de tránsito das naves de comercio dos estados cos que Turquía non estivese en guerra, e a regulamentación do tránsito das naves de guerra en tempos de paz. A convención foi renovada en 1951.