moralidade

moralidade

(< lat moralĭtate)

  1. s f [FILOS]
    1. Dimensión da conduta humana en tanto que ten relación co ben e o mal e é xulgable como boa ou mala. Adóitase aceptar que os criterios que lexitiman a moralidade non son unicamente racionais, senón tamén vivenciais e culturais.

    2. Calidade moral do marco ou do contorno social, resultante e condicionante ao mesmo tempo da conduta humana.

  2. s f [FILOS]

    Conformidade cos preceptos da moral.