Morchella

Morchella
[FUNGO]

Xénero de fungos, da orde dos pecizais, que presenta o carpóforo oco con pregaduras lonxitudinais e anastomosadas de cor parda e un pé longo e branco. Entre as especies deste xénero está a M. esculenta, de 6 a 15 cm de altura, sombreiro alveolado, ovoide e de cor parda ou parda amarelada, e que nace na primavera en terreos ricos en humus.

Palabras veciñas

morcego | Morcego, Teatro do | Morcelle | Morchella | morcilla | Morcín | mordacidade