mordaza

mordaza

(< lat v *mordacia)

  1. s f
    1. Calquera instrumento que se pon na boca para impedir falar.

      Ex: O secuestrador púxolle unha mordaza á vítima para que non berrase.

    2. Aquilo que impide falar ou expresarse libremente.

      Ex: A censura franquista puxo unha mordaza a calquera expresión que reivindicase o galego.

  2. s f [TRANSP/IND]

    zapata.

  3. s f [OFIC/TECNOL]

    Dispositivo ou instrumento formado por dúas pezas que, actuando á maneira de tenaces, serve para suxeitar un obxecto e sostelo entre eles.

Palabras veciñas

mordate | Mordaunt, Charles | mordaz | mordaza | mordedela | mordedor -ra | mordedura