York

York

Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (271 km2; 181.094 h [2001]). É un centro industrial. Núcleo bretón e colonia romana, no s VI foi conquistada polos ingleses. Foi un gran centro de evanxelización anglosaxoa e de cultura. Durante o s XIX industrializouse e recibiu unha grande inmigración. Destaca a catedral gótica (ss XI-XV).