2 yuan*
2 yuan*
-
adx
Relativo ou pertencente aos yuan.
-
s
m
[HIST]
Membro da dinastía sinomongólica que reinou en China desde 1276 a 1368. O primeiro emperador foi o mongol Khublai Khan. Á morte de Temür (1295-1307), coñecido tamén como Chengzong, o imperio yuan comezou a desintegrarse e en 1368 caeu Pequín, asediada polas tropas de Zhu Yuanzhang, primeiro emperador da dinastía ming.