yuma
yuma
-
adx
Relativo ou pertencente aos yuma ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do grupo de pobos yuma.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Grupo de pobos amerindios que habitaban nos cursos inferiores dos ríos Colorado e Gila, ao N da Baixa California e ao NO de Sonora. Destacan os grupos walapai, mahave, cocopa, diegueño e cochimí. Malia que algunhas tribos eran nómades e vivían da caza, os yumas eran maioritariamente agricultores e sedentarios.
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas hokanas do phylum amerindio das que destacan o walapai, o mahave, o cocopa, o diegueño e o cochimí.