xadeíta

xadeíta

(< xade + 2 -ita)

s f [MINERAL]

Silicato alumínico-sódico, de fórmula NaAlSi2O6, que pertence ao grupo dos piroxenos, cristaliza no sistema monoclínico e preséntase habitualmente en forma de gran fino ou en masas densas, xeralmente de cor verde ou branca. Ten unha dureza de 6 e un peso específico de 3,24-3,43.

Palabras veciñas

xactar | xaculatoria | xade | xadeíta | xadrecista | xadrez | xafoto