xasmín
(< ár hispánico yas[a]mín< ár clásico yāsamīn)
-
s
m
[PLANTA]
-
Nome común que reciben os arbustos do xénero Jasminum.
-
Flor destes arbustos.
-
-
xasmín amarelo
[PLANTA]
Planta arbustiva de entre 30 e 150 cm de altura, con follas perennes con tres folíolos e dispostas alternas ao longo do talo; as flores, amarelas, teñen o cálice campaniforme, e son pentalobuladas; o froito é de tipo baga, globoso e de cor negra brillante. Florece entre maio e xuño en zonas de matorral ou en bosques non moi espesos, e tamén se cultiva como planta ornamental. Distribúese por Asia Menor e pola Europa mediterránea; en España está por case toda a rexión, e en Galicia só aparece no SE.
-
xasmín branco/común
[PLANTA]
Planta arbustiva de ata 10 cm de altura, con follas pinnadas e opostas ao longo do talo, flores en cimas terminais, de cor branca con algunhas manchas purpúreas por fóra e de cálice acampanado e froito de tipo baga, de cor negra e brillante. Florece entre maio e novembro, e é moi cultivada como planta ornamental ou para aproveitar o seu perfume. Orixinaria do SO de Asia, na Península Ibérica só existe como planta cultivada.