2 xe
2 xe
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo xe ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo xe.
-
s
[ETN]
Pobo aborixe de América do Sur, de cultura moi primitiva, que se estende pola zona oriental do altiplano brasileiro, desde as fontes do Paraná aos vales altos do Xingú (no NO) e do Paranaiba (no NL). Está en proceso de desaparición.
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas da familia xe-pano-caribe do phylum amerindio, que se fala en Brasil e que se divide en tres grupos: setentrional (timbira, ipewi, apinayé, kayapó e suya), central (xavante, acroá, xerente e xakriabá) e meridional (kaingang, xokleng e ivayaná).