xeito

xeito

(< lat iactu, deiactāre)

  1. s m

    Cada unha das diferentes maneiras ou posibilidades de facer ou de que se produza algunha cousa.

  2. s m

    Forma adecuada de facer algo.

  3. s m

    Conxunto das características externas dunha persoa ou cousa que permite diferenciala das demais ou de si mesma en diferentes momentos.

  4. s m

    Habilidade que ten unha persoa para realizar unha determinada actividade que xeralmente require de certa destreza.

  5. s m

    Forma en que está colocada ou disposta unha cousa.

  6. s m

    Coidado ou atención especial ante unha situación.

  7. s m [PESCA]

    Arte de pesca que se usa para pescar sardiña e que consiste nunha rede longa que se estende no mar.

Frases feitas

  • A xeito 1 Da forma adecuada.

Palabras veciñas

xeira | xeirona | xeiteiro -ra | xeito | xeitonogamia | xeitoso -sa | xeixo