Xenoveva de París, santa
Xenoveva de París, santa
(Nanterre? 420 - París? 500) Pastora. A lenda presentouna como unha penitente que salvou coa súa oración a cidade de París da incursión dos hunos e dos francos. Iconograficamente representouse como unha pastora ou unha monxa, cunha cruz ao pescozo e unha vela ou facho na man. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.